Nova Bee Galicia Meles Artesanais

Da Colmea á Túa Mesa: Explora o Noso Mundo do Mel Artesanal

Nova Bee Galicia, nada en 2021 na Terra Brava do Incio, é unha iniciativa que se sitúa nun entorno que o ilustre Fole cualificou como unha paisaxe de dualidade: unhas veces suave e amorosa, outras forte, severa e grandiosa.

Se decides visitar estas maxestosas montañas lucenses, atoparáste inmerso nun lugar onde cobran vida as lendas. Entre as fontes, ríos e covas das montañas dise que residen seres máxicos, como fadas e mouros. Aínda que estes seres posúen a capacidade de desaparecer de súpeto, se prestas atención, poderás sentir a súa sutil presenza.

As fadas, en particular, teñen unha inclinación polos alimentos puros e naturais que ofrece este mundo. Dise que só consumen alimentos saudables, xa que calquera outra opción podería ser fatal para eles. E, entre os seus manxares favoritos, destaca o mel de abella, coñecido como “Mel de Fadas”.

En Nova Bee Galicia estamos orgullosos de achegar a esencia deste recuncho máxico de Galicia. Ademais, estamos orgullosos de promover prácticas sostibles na produción de Mel de Galicia de calidade e apoiar a produción local de Mel de Galicia.

A nosa misión é ofrecerche produtos naturais puros e de alta calidade, incluído o exquisito "Mel da Fadas", que, como as propias fadas, reflicte a pureza e dozura da natureza.

Descubre a Nosa Colección de Delicias Naturais: Mel Artesanal e Moito Máis

Mel Selección Alto Montaña
Out-of-Stock
Mel

Mel Selección Alto Montaña

Nova Bee Galicia
9,90 €
Mel cru obtido de paraxes de alta montaña do interior da comunidade, pertencentes a Red natura 2000 e a unha altidude de 800m donde abunda unha vexetacion rica en distintos tipos de brezos ( erica arborea, erica cinerea, erica sp, erica umbellata....), ourego, castiñeiros e carballos (mielatos). Dando lugar a un mel de cor ámbar a ámbar oscuro, con aroma...
Mel

Mel Seleción Bosque

Nova Bee Galicia
9,90 €
Mel cru procedente de paraxes naturales do interior da nosa comunidade donde abundan os castiñeiros e carballos. Mel con alto contido en vitamina C e minerais Características: -Extraído por centrifugado en frio. -Sin filtrar. -Sin tratamentos térmicos.
Mel

Mel Multifloral

Nova Bee Galicia
9,90 €
Mel cru obtida de paraxes naturais pertencentes a Red natura 2000, donde predominan silvas, dente de leon, salgueiros, castaños e algunhas leguminosas, dando lugar a un mel de cor ámbar claro con aroma floral e sabor dulce con notas aromáticas o padal. Carácteristicas: -Extraído por centrifugado en frio. -Sen filtrar. -Sen tratamentos térmicos.
Material vivo

Núcleos de tempada

Nova Bee Galicia
Núcleos-tempada
80,00 €
Material vivo núcleos de tempada

PROPÓLEO

Consultar prezos e dispoñibilidade

Da colmea á túa mesa

Excelencia en cada gota: mel artesanal de abella artesanal 100% auténtico de calidade premium en Nova Bee Galicia

Orixen

Mel 100 % Galega, producida no corazon do Incio, na provincia de Lugo.

Saber e Aroma

Atrévete a descubrir os sutís e intensos sabores e aromas da nosa variedade de Mel do Incio

Natural

O noso mel é 100% natural polo que pasa con éxito todas as probas para identificar o mel adulterado.

Trabajamos con pasión

Traballamos con paixón polas abellas, apaixonamos o mundo da apicultura, o noso obxectivo é producir mel de calidade e os seus derivados para o goce das persoas.

Product added to wishlist
Product added to compare.